SEAFOOD LEGACY
O noso obxectivo é criar salmón de alta calidade dun xeito sostible e respectuoso co medio ambiente nun mercado de proximidade.

Seafood Legacy

O noso obxectivo é criar salmón de alta calidade dun xeito sostible e respectuoso co medio ambiente para un mercado de proximidade. O peixe recén capturado distribuirase a través dunha rede de operadores locais e toda a manipulación do peixe farase localmente en Galicia.

Na actualidade, a maior parte do salmón consumido en España prodúcese e transpórtase desde Noruega (70.000 toneladas ao ano). Cunha granxa de salmóns en terra en Burela, moveremos unha parte de produción preto dos consumidores. Deste xeito, non só ofreceremos salmón fresco do día no mercado, senón que tamén trasladaremos a Galicia parte da creación de valor e emprego.

RAS: tecnoloxía de recirculación de auga

O sistema de recirculación da auga é unha tipoloxía acuícola moderna, ecolóxica e amigable cos recursos. Toda a auga da instalación é bombeada directamente desde o océano e, a través da desalinización, créase un ambiente perfecto para os peixes que producimos. A auga, con altos niveis de filtración, deterá todas as enfermidades potenciais para que os peixes poidan medrar e prosperar en tanques completamente libres de produtos químicos e antibióticos. Ao controlar e axustar constantemente a calidade da auga, os niveis de osíxeno e a temperatura, créanse as condicións perfectas para o benestar dos peixes.

O resultado é un peixe fresco, saudable e sostible, producido cos máis altos estándares de saúde e benestar animal.

RAS: tecnoloxía de recirculación de auga

Usando a última tecnoloxía para sistemas de ciclo pechado de auga, as nosas instalacións reutilizarán o 98% da auga. A pequena cantidade de auga intercambiada pasará pola filtración, tanto mecánica como ultravioleta, e será máis limpa cando volva ao océano que cando a bombeamos á granxa.

O sistema pechado imposibilitará a saída dos peixes e permitiranos recoller todos os excrementos de forma sólida. Os excrementos recollidos secaranse e utilizaranse como fertilizantes na agricultura.

 

Contacto

Seafood Legacy Spain, S.L.
Rúa da Fonte de Santo Antonio, 17 1ºDcha.
15702 Santiago de Compostela (A Coruña)
info@seafoodlegacy.es
+34 981 576 857
Seafood Legacy © 2020 · Aviso Legal · Política de Privacidade